Catro músicos formados no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Un repertorio que abraza o barroco, o jazz, o tango, a música latinoamericana e o rock.
O cuarteto
O cuarteto de saxofóns Kritis está formado por catro músicos que cursaron os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Tralo paso polo conservatorio, Kritis acada unha bagaxe artística que da como resultado esta formación versátil e dinámica, capaz de adaptarse a todo tipo de eventos.
O noso repertorio abrangue desde a música clásica, o jazz, a música latinoamericana, o tango, ata o rock e pop. Ademáis, contamos cun repertorio arranxado exclusivamente para o cuarteto e a posibilidade de creación de arranxos por petición expresa.
Proxectos dispoñibles
Programa 01
Viaxe musical pola primeira metade do século XX. Inclúe tesouros recuperados do arquivo da banda de música de Sande (Cartelle, Ourense, 1940–60).
Programa 02
Repertorio de música de raíz iberoamericana. Combina pezas orixinais e arranxos. Choro, tango, merengue, fandango e música española.
Programa 03
As melodías máis clásicas das festas con arranxos exclusivos. Dende as panxoliñas tradicionais ata All I Want for Christmas. Posibilidade con batería.
Actuacións recentes
Guláns
O Centro Cultural de Guláns contou coa nosa música para amenizar a homenaxe ao ilustre veciño.
Asemblea LXVI
Broche musical festivo e sofisticado con estreo de Harlem Nocturne e Dixie for Sax.
San Simón · 2025
Gravación histórica en cilindro de cera das "Sesións San Simón" con Aleks Kolkowski.
Salceda de Caselas
Rexistro do Quartetto II de Roberto Di Marino no Auditorio Municipal.
Catálogo completo
Partituras & encargos
O Cuarteto Kritis pon á túa disposición os arranxos do seu repertorio e acepta encargos personalizados para calquera obra ou estilo. Todos os arranxos están escritos e revisados polos propios membros do cuarteto, garantindo a idoneidade técnica para esta formación.
Partituras completas dos arranxos existentes no catálogo do cuarteto, listas para interpretar.
Adaptación de calquera obra para cuarteto de saxofóns. Clásico, jazz, pop, BSO ou música tradicional.
Arranxo con atención personalizada, revisións ilimitadas e gravación de referencia opcional.
Reservas e información
O transporte está incluído no orzamento ata un máximo de 100 km. A loxística corre da nosa conta.