Cuarteto de Saxofóns · Vigo
O cuarteto de saxofóns Kritis está formado por catro músicos que cursaron os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Tralo paso polo conservatorio, Kritis acada unha bagaxe artística que da como resultado esta formación versátil e dinámica, capaz de adaptarse a todo tipo de eventos.
O noso repertorio abrangue desde a música clásica, o jazz, a música latinoamericana, o tango, ata o rock e pop. Ademais, contamos cun repertorio arranxado exclusivamente para o cuarteto e a posibilidade de creación de arranxos por petición expresa.
Proxectos dispoñibles
Axenda
Un repertorio baseado na música e ritmos populares latinoamericanos. Obras orixinais e diferentes arranxos para cuarteto de saxofóns formarán parte do programa.
Entrada + tapa e bebida 15€
Rúa Menéndez Pelayo, 36, sótano 1 · VigoActuacións recentes
Guláns
O Centro Cultural de Guláns contou coa nosa música para amenizar a homenaxe ao ilustre gulansés D. Cándido Porto. Para esta ocasión, adaptamos o noso repertorio a unha velada cargada de emocións e reencontros.
Asemblea LXVI
Un dos últimos retos asumidos polo cuarteto foi poñer o broche musical na inauguración da asemblea LXVI da ASNEF. Para este encontro, o repertorio estivo á altura do ambiente festivo e sofisticado que esixía o evento, estreando pezas como Harlem Nocturne de Dick Rogers ou Dixie for Sax de Pedro Iturralde.
Sinsal 2025
No Sinsal 2025 participamos na Escola Sinsal, o proxecto de Sinsalaudio que promove a difusión e o coñecemento da historia dos arquivos sonoros. Destacaron as gravacións en cilindro de cera das Sesións San Simón con Aleks Kolkowski, nas que o cuarteto rexistrou dous arranxos de creación propia: Para Vigo me voy de Ernesto Lecuona e La Baturrica (Jota) de Soutullo e Andreu.
Salceda de Caselas
O Cuarteto Kritis realizou a gravación do Quartetto II de Roberto Di Marino, un tango contemporáneo rexistrado en directo no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas. Na actualidade, o grupo continúa coa preparación de novos proxectos audiovisuais.
Catálogo